jueves, 20 de diciembre de 2007
Primeiro Nadal
A pesar de que o corte inglés e outros o veñen anunciando dende hai tempo agora si que parece que chegou.
Despois dun mes de casados, que entre viaxe, mudanza, e traballo (que ambolos dous levamos unha temporadiña guapa) imos vivir o noso primeiro nadal de casados!
E claro, as dúbidas que ten todo o mundo. En qué casa o pasas? Xuntos ou por separado?
En fin, ..., xa amañaremos!
Que pasedes unhas boas festas todos, que disfrutedes das vacacións os que as teñades, que seguro que as merecedes, e os que non as teñades, lembrade que nós estaremos traballando e que nos podedes enviar mails!
Bicos e apertas a esgalla!
P.D1: Lembrade, o 27 partido da selección galega en Vigo!
P.D2: E o 28 arroz no Faladoiro a partir das 15.30! Aínda estades a tempo de apuntarvos!
P.D3: E os que aínda non subistes fotos, aproveitade estes días!
lunes, 10 de diciembre de 2007
A importancia dos títulos
Entrade en http://picasaweb.google.es e na marxe superior esquerda, hai unha caixa de texto que pon, "Prueba la búsqueda de fotos"
Poñede nesa caixa "Coremain" e pulsade buscar, a ver que foto vos sae!
Bingo, unha foto de Josefina e máis eu!
Pois eso foi o que fixo Manolo López, xerente da Software Factory, que despois de ver todas as fotos do album, incluídas as dos lingüetazos, lle pasou a dirección a Ana Táboas, Directora de Solucións, que ven sendo xusto a que está por debaixo do Director xeral!
En fin, os noivos non perdemos a compostura en ningun momento, pero se algún de vos quere enviar o cv a coremain, que non adxunte foto, que xa as collen do blog!
domingo, 2 de diciembre de 2007
Para a tuna de filosofía
Están formalmente convidados a actuar (e a recuperar as capas) no cumpreanos da testemuña número un, dona Paula Díaz Mariño, o vindeiro día 22 de Decembro en Lugo.
Garantízase alcohol e comida. Sobre outros vicios, xa cada un que se espabile!
jueves, 29 de noviembre de 2007
Domicilio conxugal
Despois dunhas vacacións por terras mexicanas con moita praia e piscina, moita piña colada e coco banana, kayac, snorkel e submarinismo ademais de comida a fartar por fin demos chegado á nosa casiña.
O luns 26, ás 10 da noite de México (5 da mañá aquí) decatámonos que reservaramos mal os voos de Madrid a Santiago.
Saliamos de Cancún o día 27, as 20.00horas (3 da mañá do día 28 en España) e tiñamos os billetes para o día 27 ás 21.00horas de España!
Como estabamos cansos, e tampouco se había que agobiar, marchamos durmir (o jet lag é unha putada, e ás 7 da mañá estás desperto, e as 10 da noite non podes contigo) así que o martes 27 ás 10 da mañá (5 da tarde para vos) fomos conectarnos a internet, para comprobar que efectivamente non iamos dar chegado para o voo Madrid - Santiago.
Unha hora despois, marchamos á piscina, pedimos unha piña colada, e mentras a tomabamos, enviamos un sms ás nosas casas, sen saber que levaban desde as 12 da mañá chamando a todos lados porque pensaban que xa estabamos secuestrados no aeroporto!
Onte chegamos a Madrid moi cansados, esperamos moitísimo polas maletas, e marchamos a casa do Tío Ovidio e da Tía Sari, desde donde resrevamos un voo para este mediodía.
Cómo podedes ver na foto, tamén fixemos algo de turismo cultural!
viernes, 23 de noviembre de 2007
Lúa de Mel
Só é por darvos envexa!
A verdade é que cobran o minuto de internet a prezo douro e non trouxemos moitos cartos, co que xa nos explayaremos noutro momento.
P.D: Grazas polas fotos! Seguide subindo!
domingo, 18 de noviembre de 2007
Marido e Muller
Moitas grazas a todos os que nos acompañestes, e un recordo moi especial aos que non puidestes vir porque vos votamos de menos e sabemos que vos a nos tamén!
Esperemos que disfrutarades da voda e que realmente vos quede un gran recordo desta fin de semana.
A nós mañá quédanos un día duro, facer as maletas para marchar de vacacións. Podemos facer apostas, pero seguro que xa se produce a primeira riña matrimonial do tipo... Onde puxeche esto, cómo non colleche aqueloutro... pero bueno, confiamos en superalas. Só a idea de imaxinarnos nas praias da Riviera Maya tumbados ao sol cun cubata na man axuda :D
O dito, moitas grazas novamente, e agora, todo quisque a subir fotos. Se algún non recorda o contrasinal, ou necesita algunha explicación sobre cómo subilas, que se poña en contacto con Álvaro: alvar_hito@hotmail.com que está feito todo un experto no Picassa :D
jueves, 15 de noviembre de 2007
Programa de actividades
Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil
16, 17 e 18 de Novembro de 2007
Venres 16
22.00h Chegada ao parador
22.30h Cea no salón da adega
00.00h Barra (non) libre
Sábado 17
10.00h Almorzo
11.00h Paseo polo camiño real
14.00h Pinchos no claustro do viveiro
15.30h Visita guiada ao parador
18.30h Visita guiada ao parador (repet.)
20.00h Cerimonia civil. Salón Refectorio
21.00h Banquete. Salón dos Reis
23.30h Barra libre. Salón da adega
03.00h Chocolate con churros
04.00h Festa no Mesón San Roque
(Barra non libre)
Domingo 18
12.00h Almorzo
13.00h Saída
martes, 13 de noviembre de 2007
Como chegar
O mellor camiño é ir por Pereiro de Aguiar, para o que hai que coller a estrada de Ourense á Terra de Trives. Por tanto, todolos invitados teñen que pasar por Ourense.Ata Ourense chegaredes desde 3 puntos distintos, a saber:
- Estrada Lugo - Santiago, desde Lugo, Antas, Santiago, Coruña, Ferrol, Pontedeume, ...
Guía Campsa - Autoestrada A-52, desde Vigo - Ponteareas.
Guía Campsa - Autoestrada A-52, dende Madrid - Verín. Guía Campsa
lunes, 12 de noviembre de 2007
FAQ (Frecuently Asked Questions)
As indicacións de Cómo Chegar, que o explicaremos o máis detalladamente que poidamos entre hoxe e mañá noutro post.
Aparte diso, neste post tentaremos respostar a cousas como a hora de entrada ao parador, o reparto de cuartos, horas das distintas actividades, etc... que non teñades claras. Introducide un comentario coas vosas dúbidas, preguntas e suxestións e os noivos respostaremos a cada unha delas á maior brevidade posible.
jueves, 8 de noviembre de 2007
Que facer!
E aínda que o programa de actividades é bastante completiño (e aínda non está de todo pechado) para o venres e o sábado, se cadra algún de vos quere (e pode) disfrutar da Ribeira Sacra tamén o domingo.
A Ribeira Sacra é un lugar fermoso para perderse, así que aquí vos deixamos este mapa, para que vos perdades, pero con sentidiño. O mapa en si mesmo é unha ligazón á páxina de turgalicia onde engaden texto explicativo para cada un dos debuxos.
Aproveitando que onte tiven que ir a Luíntra (cabeza de concello de Nogueira de Ramuín) levar os papeis do matrimonio, fixen algo de turismo, pois para iso tiño o día de vacacións, e podedes ver algunhas fotos do Sil e do Mosteiro de Santa Cristina no albúm dos preparativos da voda.
Este mosteiro e o de San Pedro de Rocas, quedan preto do Parador, polo que se poden visitar nunha tarde sen problemas.
Se algún prefire facer un paseo no catamarán o domingo mellor que reserve. Os teléfonos Viajes Pardo (Ourense) telf:988210460 e Hemisferios Viajes (Lugo): telf:982254545, ou tamén, preguntando directamente no parador o sábado, pero xa arriscades máis :D
P.D: A semana que ven publicaremos o mapa e as indicacións de cómo chegar ao parador!
miércoles, 7 de noviembre de 2007
Hai voda!
Acabo de entregar toda a documentación, polo que xa é oficial! Hai voda, polo civil e polo penal! Xa non hai que contratar ningún actor nin nada parecido!
Eso si, menuda viaxe. Andiven a experimentar e na Barrela decidín coller cara Os Peares. Impresionante pobo onde se xuntan o Sil e o Miño, pero mi madriña, para chegar alí...
O dito, os papeis están entregados e en regra polo que o 17 de Novembro convertirémonos oficialmente en marido e muller!
lunes, 5 de noviembre de 2007
Perruquerías
As 3 primeiras están no centro, cerca do Parque de S. Lázaro.
A última, en realidade son 3, unha no centro, tamén cerca do Parque de S. Lázaro e as outras dúas nos centros comerciais de Carrefour e de Pontevella respectivamente. A vantaxe destas dúas é que os dous centros comerciais están ben encamiñados para ir e volver ao parador.
A noiva e as cuñadas, marcharán a fume de carozo o sábado ás 3 para outra perruquería, que non vos poñemos aquí para que xa non chamedes :D
Nova Llongueras.
R/Juan XXIII 7.
988 371 142
ESPEJOS
R/Curros Enrríquez 8
988 233 154
TITO HEIDELBERG
Av. La Habana, 37
988 211 759
R. Erveledo 16
988 373 606
LITO SEOANE PELUQUEROS
R/Cardenal Quevedo 32-baixo
988 233 923
CC. Carrefour
988 253 075
CC. Pontevella
988 602 526
miércoles, 31 de octubre de 2007
Xa (casi) temos os papeis
O luns chamei a Chantada, falei con Milagros.
Martin: Ola, bos días, chamo por un expediente de matrimonio civil, quería saber cómo estaba. (O clásico que hay de lo mío!)
Milagros: Que queres, poñer a data?
Martin: Non, e que a data xa está posta, ese é o problema. Fixémolo mal, pero ...
Milagros: Uuuuuuuyyyyyyy pero para cando a tedes?
Martin: Para dentro de nada!
Milagros: Uuuuuuuyyyyyyyyyyyyyy bufff, a ver, cómo te chamas!
.....................
Milagros: E onde queredes casar?
Martin: En Nogueira de Ramuín.
Milagros: Uuuuuuuuuuuuuuuuuyyyyyyyyyyyyyyyyyy... Bueno a ver, falta o auto do xuíz, ... a ver, a ver se lle damos para adiante.
Martín: Bueno, moitas gracias, a ver se o poden apurar ...
Aos 5 mínutos chamame Milagros.
Mira, que xa fixen o auto, mañá mándollo ao fiscal,
Martín: Moitas gracias, e logo agora canto tardará esto?
Milagros: Uy, non sei, esto vai rapidísimo e non sei!
En fin, hoxe pasei polo xulgado de Chantada. Milagros non estaba, atendeume novamente Ramón, que me recoñeceu, debe ser que sacamos boa nota no exame e se lembra de nós :)
O señor xuíz xa firmou o auto e agora están os papeis en Monforte para que o fiscal de o visto e prace, así que na semana que ven nos chamarán para que vaiamos a Chantada a que nos notifiquen que estamos autorizados para casar!
A verdade é que hoxe xa respiramos moito máis tranquilos! Gracias, de verdade, a Milagros que axilizou os trámites a pesar do susto.
martes, 23 de octubre de 2007
Información de interese
- Reserva de habitacións no parador: O único que tedes que facer é decirnos se vides e cantos días vides. Nós confirmamos a reserva co parador e se procede, ata facemos o reparto de habitacións, previo consentimento dos interesados, claro está!
- Non é necesario facer ningún pagamento previo polo cuarto. Págase a totalidade ao deixar a habitación.
- Vestimenta: Evidentemente, cada un pode vir vestido como considere oportuno. Non se aplican protocolos nin normas de etiqueta. Na cea do venres os noivos iremos vestidos de xeito informal (o noivo con vaqueiros), e na cea do sábado, ... non.
- Contade con roupa para a camiñata!
- Horarios: Tanto o venres coma o sábado podedes chegar ao parador e ocupar as habitacións a partir das 14.00h, como en calquera outro hotel.
- A cea do venres será ás 22.30 horas (media hora antes do planificado inicialmente).
- A camiñata (de asistencia obrigatoria) será ás 11.00 horas, e o xantar do sábado ás 14.00h.
- A cerimonia civil terá lugar ás 20.00h e a cea ás 21.00h.
- A barra libre do sábado durará ata as 4.00 da mañá. A partir desa hora non se pode facer ruído no parador.
- O domingo hai que deixar libres as habitacións ás 13.00h.
E de momento pouco máis podemos dicir. Ao longo destes días irémos colgando máis información de interese. Estade atentos!
lunes, 22 de octubre de 2007
Fin de semana intenso
- Recoller os aneis.
- Reservar a viaxe de noivos

- Elexir as maletas
- Tratar coa perruqueira da noiva.
- Probar o menú
- Tratar flecos de organización co director do parador

- Repartir algunha invitación
- Lavar o coche
- Apañar noces e castañas
- E que che poñan unha multa! 2 puntos menos do carné e 140€ (90 por pronto pago) #=@!
viernes, 19 de octubre de 2007
Banda Sonora
En fin, que esto ven porque o mércores atopámonos cuns bos amigos. Os Xochilmicas! Despois de pasar unha noite no Bar Plaza de Antas, ao remate dun concerto.
A mediados de Agosto a idea de voda flotaba no aire, pero era bastante distinta. Pulpo e churrasco nunha carpa e facer unha romería. E case os tiñamos contratados para a voda! Faltáronnos dous cubatas máis!
Pois nada, que están a gravar un novo disco, que sairá ao mercado en Decembro, así que todos a mercalo!
www.xochilmica.com
domingo, 14 de octubre de 2007
A noite do venres
Varias razóns para casar
Aínda non casamos, se cadra toleamos, pero xa nos parece que isto ten as súas cousas boas.
Deixando a un lado as ventaxas legais, e o estrés de ter que organizar en pouco tempo un montón de cousas, queremos centrarnos noutros aspectos dos que nunca nos decatáramos: casar é a desculpa perfecta para xuntar á familia , para que veñan os amigos todos (ou bastantes), para montar un blog e utilizalo como punto de encontro, consultalo cada día pasando un bo rato, ir de viaxe, facer unha parada nas nosas vidas para recapitular sobre o feito e planear o que queda por facer, ...
Gustaríanos contaxiarvos un pouco da ilusión que estamos a poñer en todo isto, para comezar con forza esta nova etapa.
Máis de un recomendounos que fixeramos a voda que nós quixeramos, e disfrutar dos preparativos. Iso é o que estamos a facer, en parte gracias a vós.
Así que gracias por ler, comentar, votar, ... en fin, por facer entretido este blog.
P.D. Agradecemos todas as vosas opinión, pero tal e como nos recomendaron, faremos o que queiramos, como DURMIR XUNTOS O VENRES.
viernes, 12 de octubre de 2007
Fotos
No primeiro, os noivos e vos, queremos que participedes. Enviarémosvos un correo electrónico cun usuario e un contrasinal, para que subades fotos a este albume. Fotos nas que estemos nos, xuntos ou por separado, pero o máis importante, fotos nas que estemos con vós. Queremos lembrar así momentos anteriores á voda vividos con todos os nosos amigos.
No segundo iremos poñendo fotos dos preparativos da voda, e do que vaiamos facendo durante estes días que faltan.
Despois da voda, crearemos outro albume para subir as fotos do evento e poder acceder a elas desde aquí.
Eso si, non sexades malas persoas e subide fotos nas que saiamos ben :D
Moitas grazas.
miércoles, 10 de octubre de 2007
Unha voda clásica
O caso é que o sábado vai ser unha voda clásica. Coas súas fotos, o seu banquete e a súa barra libre. Supoño que non quedaba outra... non ías desplazar ata o medio do monte a tanta xente para tomar uns pinchos...
Bueno, que só nos queda o venres para facer que esta voda sexa orixinal! Necesitamos a vosa colaboración! O primeiro, tedes que vir. O segundo tedes que pasalo moi ben.
domingo, 7 de octubre de 2007
Reparto de Invitacións
Andivemos a repartir invitacións por Ponteareas e por Antas.
A verdade é que da gusto, porque parece que todos os invitados estádes ilusionados coa voda.
O peor, que Cris anda acatarrada!
O mellor, que adiantamos bastante traballo e xa están case todas repartidas. Uns recibístelas por correo electrónico, outros recibirédelas por correo normal, e con outros aínda temos que quedar, pero será pronto, non desesperedes :-)
jueves, 4 de octubre de 2007
Xa están os papeis expostos
Homes e mulleres do mundo, se coñecedes algún impedimento para que casemos tedes 15 días para falar ou calar para sempre! Non esperedes ao día da voda coma nas películas que alí non vos van dar a opción!
Na semana do 22 de Outubro os papeis voltarán ao Xulgado de Chantada, e de ahí ao ministerio fiscal. Xa vos informaremos!
P.D: Moitas grazas a Ramón, o secretario penal do xulgado de Chantada, que está a sustituir á secretaria civil, pola súa eficacia.
P.D2: O das alegacións, que sepades que non é obligatorio presentalas. Poden pasar os 15 días e todos caladiños, e non pasa nada...
Presentar algunha alegación en plan coña non é gracioso.
martes, 2 de octubre de 2007
A Suite do Canivete
Está claro tamén, que alí no parador, perdidos no medio do monte, non hai moito a onde ir... que é novembro é fai frío... e a media de idade dos invitados supera a treintena...
Así as cousas, dende a organización, querendo atender a todalas necesidades dos nosos convidados, pensamos na conveniencia ou non de reservar a Suite do Canivete.
Por un lado, está o tema de que os compañeiros e compañeiras de cuarto dos afortunados que a usen, non teñen por que verse perxudicados. Despois de pagar unha pasta pola habitación, non poder usala e ter que durmir no pasillo! Esta claro que por un amigo faise o que sexa, pero...
Por outro lado está o tema da financiación desta Suite. A quen lle corresponde pagala? Aos noivos? Aos que teñen opcións de usala? A todos os invitados como Acto de Solidaridade,..., porque a fin de contas... quen non votou de menos unha suite do canivete? E se algún dos que a priori non tiña opcións tolea? E se ao final non se usa?
Podese entender esto como unha especie de "seguro de cancelación de reserva"...
O que xa desde este momento queda descartado, e pretender usar a Suite Nupcial para este fin. A pesar de que a noiva, nun acto de extrema xenerosidade, dixo: "bueno... se fai falta..." O noivo respostou cun rotundo: "Y una mierda! A Suite Nupcial non se toca!" Advertidos estades, so pena de expulsión!
lunes, 1 de octubre de 2007
Casualidades
Si é que ...
martes, 25 de septiembre de 2007
Non Hai Volta Atrás
Onte entregamos os papeis. Agora so queda esperar e que cheguen a tempo.
A verdade e que onte foi un día un tanto estresante. É o que ten ser "amigo" do alcalde de Antas. Sobre todo da muller do alcalde, secretaria do Rexitro Civil.
Discrepamos un pouco sobre os papeis necesarios para iniciar o expediente. Nos concellos de Nogueira de Ramuín, no de Ponteareas, nos Rexistros Civís de Ourense e de Lugo e na páxina do ministerio de Xustiza poñían o mesmo, pero arredios que facía falta unha fe de vida ... "Eu non sei onde vos informastes, pero eu dígovos cómo é" dixo toda digna!
Finalmente, devolveunos os papeis e díxonos que foramos a Chantada!
En Chantada outra historia, atendéronnos ben (salvo uns pequenos paseos polo edificio) pero mi madriña, que exame tivemos que pasar! Donde vos coñecestes, cantos irmáns tedes, como se chaman, como se chaman as parellas, os pais, onde vivides, que facedes, que aficións tedes ... Todo esto por separado, para ver se nos pillaban!
Non lle faltou moito, pero creo que finalmente aprobamos o exame!
Nun mes estarán os papeis listos!