miércoles, 31 de octubre de 2007

Xa (casi) temos os papeis

A verdade é que esta semana temos un pouco abandonado o blog, pero e que andivemos preocupados polos papeis.

O luns chamei a Chantada, falei con Milagros.

Martin: Ola, bos días, chamo por un expediente de matrimonio civil, quería saber cómo estaba. (O clásico que hay de lo mío!)

Milagros: Que queres, poñer a data?

Martin: Non, e que a data xa está posta, ese é o problema. Fixémolo mal, pero ...

Milagros: Uuuuuuuyyyyyyy pero para cando a tedes?

Martin: Para dentro de nada!

Milagros: Uuuuuuuyyyyyyyyyyyyyy bufff, a ver, cómo te chamas!

.....................

Milagros: E onde queredes casar?

Martin: En Nogueira de Ramuín.

Milagros: Uuuuuuuuuuuuuuuuuyyyyyyyyyyyyyyyyyy... Bueno a ver, falta o auto do xuíz, ... a ver, a ver se lle damos para adiante.

Martín: Bueno, moitas gracias, a ver se o poden apurar ...

Aos 5 mínutos chamame Milagros.

Mira, que xa fixen o auto, mañá mándollo ao fiscal,

Martín: Moitas gracias, e logo agora canto tardará esto?

Milagros: Uy, non sei, esto vai rapidísimo e non sei!

En fin, hoxe pasei polo xulgado de Chantada. Milagros non estaba, atendeume novamente Ramón, que me recoñeceu, debe ser que sacamos boa nota no exame e se lembra de nós :)
O señor xuíz xa firmou o auto e agora están os papeis en Monforte para que o fiscal de o visto e prace, así que na semana que ven nos chamarán para que vaiamos a Chantada a que nos notifiquen que estamos autorizados para casar!

A verdade é que hoxe xa respiramos moito máis tranquilos! Gracias, de verdade, a Milagros que axilizou os trámites a pesar do susto.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Esto xa é outra cousa. Porque si ben é verdade que festa xa tiña que habela de todas todas, moito mellor que a cerimonia sexa de verdade.
O do actor non estaba mal, pero Moncho (o concellal de bodas de Nogueira de Ramuín que oficiará o acto) vaino facer moito mellor.
Gracias ós que se brindaron a "simular a boda" pero finalmente ¡¡¡¡VAI SER DE VERDADE!!! Que viene, que viene, shhhh shhhh, que viene, que viene, shhhh, shhhhh

Anónimo dijo...

Enhorabuena Martín y Cris.
Martín He visto tu anuncio en el foro del Master DAP y me alegro mucho de que este proyecto que tenéis en marcha vaya bien encarrilado.

Un saludo y que todo vaya muy bien el día de la boda (y después que es lo más importante)

Un saludo desde Cantabria
Gumer
Gumersindo Bueno