- Reserva de habitacións no parador: O único que tedes que facer é decirnos se vides e cantos días vides. Nós confirmamos a reserva co parador e se procede, ata facemos o reparto de habitacións, previo consentimento dos interesados, claro está!
- Non é necesario facer ningún pagamento previo polo cuarto. Págase a totalidade ao deixar a habitación.
- Vestimenta: Evidentemente, cada un pode vir vestido como considere oportuno. Non se aplican protocolos nin normas de etiqueta. Na cea do venres os noivos iremos vestidos de xeito informal (o noivo con vaqueiros), e na cea do sábado, ... non.
- Contade con roupa para a camiñata!
- Horarios: Tanto o venres coma o sábado podedes chegar ao parador e ocupar as habitacións a partir das 14.00h, como en calquera outro hotel.
- A cea do venres será ás 22.30 horas (media hora antes do planificado inicialmente).
- A camiñata (de asistencia obrigatoria) será ás 11.00 horas, e o xantar do sábado ás 14.00h.
- A cerimonia civil terá lugar ás 20.00h e a cea ás 21.00h.
- A barra libre do sábado durará ata as 4.00 da mañá. A partir desa hora non se pode facer ruído no parador.
- O domingo hai que deixar libres as habitacións ás 13.00h.
E de momento pouco máis podemos dicir. Ao longo destes días irémos colgando máis información de interese. Estade atentos!
19 comentarios:
¡¡¡Protesto airadamente!!! (petando co zapato na mesa, evidentemente):
¿¡¿¡¿"camiñata"!?!?!?!, será "andaina", ¿non?
"A camiñata (de asistencia obrigatoria)"... ¿¡¿¡¿cómo que obligatoria?!?!?! Podemos ir vestidos (ou espidos) ás dúas ceas, pero andar hai que andar por decreto: ¡¡¡DI-MI-SIÓN!!! ¿E non hai licor café de balde para sobrelevar a resaca durante a andaina? Eu vou levar a miña dose, por se acaso.
Haberá sal de frutas a esgalla, ¿non? ¿E sesión de masaxe o domingo pola mañá? Se damos un paseo polo pobo e hai siesta después de comer o día do festexo... ten que haber baño e masaxe o domingo pola mañá.
"non se pode facer ruído no parador"... ¡¡me cajo en la marilús y en todo lo que se mueve!!! ¿Cómo non vas facer ruido chuzado coma unha prea ás 4 da madrugada?
¡¡¡DI-MI-SIÓN!!! ¡¡¡DI-MI-SIÓN!!! ¡¡¡DI-MI-SIÓN!!!
A cea non se adiantou senon que se atrasou media hora.
¿o de non facer ruido inclúe á suite do canivete....?
Corrixindo a Fe de erratas e a min mesmo. A cea nin se atrasou nin se adiantou. No power Point da invitación xa viña marcada para as 22.30!
Respostando a Nacho (moi calmadamente e co zapato posto)
1.- O do licor café estudarase, e o da sal de frutas cada quen que se aprovisione.
2.- Camiñar hai que camiñar, e o da sesión de masaxe non depende dos noivos, senón do delegado de industria de Ourense, que son os que teñen que dar o permiso de apertura do Spa!
3.- A hora da barra libre do sábado é as 4 da mañá, o venres sería recomendable marchar antes para a cama, pero aí xa non me meto!
Delegado de Industria!!! joer Martín aí temos man non?, unha chamadita a Fernando Blanco e todo arranxado!!
Queremos o spa, hai que mover Roma con Santiago ou o que faga falla!!!.
Resumindo, a resposta ás miñas protestas é: NON a todo...
¡¡¡DI-MI-SIÓN!!! ¡¡¡DI-MI-SIÓN!!! ¡¡¡DI-MI-SIÓN!!!
¡¡¿4 da mañá?!! :-o ¿Pero non pechan o Parador para nós? ¿Vai haber algún tolo/a que vaia esa fin de semana sen ser para a voda?
¿A canto queda o "cuartelillo" máis próximo ao Parador? Pregunto, para dicirlle a meus pais onde me teñen que ir buscar o domingo (ou o sábado... :S)
Eu, mellor pago venres, non vai ser que o domingo non dea asinado...
(¿De verdade que no Parador pensan que imos marchar as 4 da mañá e ¡SEN FACER RUÍDO!?)
Pois si, o parador ten 77 habitacións das que 27 xa están reservadas, por xente allea á voda, e unhas 15 máis quedarán libres esta semana!
As copas tomarémolas no subsuelo! No comedor, que podedes ver nas fotos dos preparativos. E ás 4 da mañá, ou vos dades ao monte, ou vos ides para camiña coma xente civilizada!
ás 4!!!! AUTOBÚS A OURENSE XA!!!!!!!!!!!!! chicos, q sepades q o primeiro que lles pedín tan pronto soupen a nova foi q puxeran un bus a ourense, para q non se repetira a historia dunha voda da nosa familia o ano pasado... pero UN NON ROTUNDO foi o q tiven por resposta, q me fora facendo á idea. A outra opción q me deron dspois de seguir insistindo foi que colleramos o bus que leva á familia de Ponteareas de volta e q nos deixara en Ourense pero resulta que XA NON HAI BUS DE PONTEAREAS!!! e eu o de Antas non o collo q me obrigan a irme para casa!!! jajaja.
algo temos que argallar proque non nos podemos ir ás 4!!!!!!!! Paula.
Boas!!Quen se encarga de facer as enquisas...??
O tema do bus para Ourense non pode quedar asi como asi!!
VOTACION:
1.- A festa termina no Parador....
2.- Aun queda moito por facer a partir das 4 da maña...
Paula, vales mil, ti si que tes ideas intelixentes :P
E eu que pensaba ir almorzar enganchado en ti cantando o miudiño...
Non se respeta nada...
Papi, ¡¡non queremos deitarnos (sós) as 4!!
NOITE TOLEDANA ¡¡XA!!
BUS A OURENSE!!!!! e NOITE TOLEDANA!!!
Ou que fagan un presuposto de canto sae en taxi ir a Ourense.
O de poñer o bus sería un 'detallaso'.
Para a suite do canivete non poñemos cartos porque non está asegurado que se use; pero para ir a Ourense fijo que hai quorum...
Pero moito mellor prorrogar a festa no Parador; aínque que haxa que pagar as copas.
¡¡¡DI-MI-SIÓN!!! ¡¡¡DI-MI-SIÓN!!! ¡¡¡DI-MI-SIÓN!!!
rveso, eso!!!! poñemos un fondo!!! creo que o taxi non nos vai compensar... ou si? A opción de seguir no parador... eu, que xa me din uns cantos paseos polos arredores do recinto xa atopei uns cantos sitios nos q podemos facer festa sen molestar a ninguén... ahora, q vamos pasar un frío de tres pares... pero tamén o pensei e, como poidestes ver nas fotos dos preparativos, xa puxen á noiva a facer lume no forno para q vaia quentando o lar (a pena é q se vaia a calor por falta de teito... jeeje), e senón, todos a casa moncho, ou ramón, ou pepe... non lembro o nome do bar q está preto do parador...
Pois nada.... apañamos unhas cantas botellas, uns vasos de plástico, algo de xeo e a facer botellón a lo loco by the River Sil.
Porque dame a mín que os noivos non nos van amañar o do bus e o do taxi haberá que xestionalo sobre a marcha.
Que conste que ldl xa dixo hai tempo que o mellor era facer botellón no claustro. E, como moitas outras veces, non lle falta razón.
Pois bus a Ponteareas non hai, pero a Antas sí. E poderá pasar por Ourense. Sinon, os que queirades seguir de festa sempre podedes negociar co conductor que vos leve antes a Ourense. Jajaja
¡¡¡¡ Acabo de ler o das 4 da mañán ... ( é que nunca teño tempo ) e estou cabreadíííísima !!!! A ver se entendín ben : casa Ricki, case de súpeto, non dándonos tempo nen a pensar, reaccionar, comprar .... e ademáis ..... ¡¡¡ todos a movernos .... !!! ¡ os de arriba para abaixo e os de abaixo para arriba ! ( iso debe ser por fastidiar ! ), cando xa temos iso resolto ( buscar sitio, habitación e demais ) resulta que case non podemos respirar : cea, camiñata, comida e ....¡ qué estrés ... ! ¡¡ por fin .... a voda .... !! e resulta que cando por fin chegou o momento esperado por todos ... ( algo rebentados ... todo hai que dicilo ) e estamos no mellor e disfrutando despois de tanto estrés ..... ¡¡ ala, as 4 para camiña !! ¿ estades de coña, verdade ? NON, NON, NON, NON, NON, NON, e reafírmome no meu NON ademáis Martín vos decides de ir para a cama como xente civilizada e que sería recomendable ¿¡¡ pero vos sodes civilizados !! ? facernos isto !! isto é como darlle un caramelo a un neno e logo quitarllo ¿ estades tan vellos como para pensar que as 4 da mañán é boa hora para ir para a cama? espero que reflexionedes e convenzades ao do parador para dicirlle que ata as ..... 7 ¡ por exemplo ! ¡¡¡¡¡ HAI BARULLO !!! ¡ que pataleta !
Algún solo de pensar en pasar unha fin de semana sen nenos vólvese tolo. Vou ver eu os que aguantan e queren máis festa ás 4 da mañán despois de tanta actividade pre-voda.
Mondariz, se aguantas e queres seguir de festa ás 4 eu vou contigo. Isto é un reto!!!
¡¡ Riki, non me tentes ..... que despois dun neno de dous anos e medio, .... ¡ teño un aguante para traballar sen a penas durmir .... ¡ que alucinarías ! .. ¡ imaxínate o aguante para ir de festa ... !jejeje, mira que a Mónica de Santiago debeu de quedar alá, é pasoulle como a Manolo de Antas jejejeje .... ¡¡ perdeuse !!
Publicar un comentario