
Ata Ourense chegaredes desde 3 puntos distintos, a saber:
- Estrada Lugo - Santiago, desde Lugo, Antas, Santiago, Coruña, Ferrol, Pontedeume, ...
Guía Campsa - Autoestrada A-52, desde Vigo - Ponteareas.
Guía Campsa - Autoestrada A-52, dende Madrid - Verín. Guía Campsa
Vindo pola estrada de Santiago é moi doado enlazar coa estrada de Trives. Hai que coller o desvío provisional a Madrid-Monforte e seguir os carteis cara Terra de Trives.
Se vides desde Ponteareas - Vigo, hai que seguir os indicadores ata a N-120, sentido Monforte. Unha vez que imos pegados ao río, pasades o Halley e colledes a primeira saída á dereita, indicada como Velle. Na rotonda, á esquerda, cruzamos por debaixo da N-120, e saídes a outra rotonda, da que colledes a primeira saída. Na terceira e cuarta rotondas seguides os indicadores de Terra de trives.
Para os que vides pola A-52, en sentido Vigo, se as indicacións da guía campsa non vos son útiles, seguide as indicacións da Monforte, Lugo, Santiago, e unha vez na N-120 sentido Monforte, seguides o párrafo anterior.
Agora que xa estamos todos na estrada de Manzaneda, Terra de Trives, hai que ir atentos, pois a poucos kilómetros teremos que coller un desvío á man esquerda, cara O Pereiro de Aguiar. Este desvío está a uns 5 km da última rotonda.
Se nos pasamos o desvío, a 1 km hai sitio para dar a volta. Se chegades ao cárcere de Pereiro de Aguiar, dade a volta!
Unha vez na estrada de Pereiro de Aguiar, hai que seguir todo recto ata Luíntra, cabeza de concello de Nogueira de Ramuín. Imos chegar a unha rotonda, na que está ben indicado o Parador de Santo Estevo, sentido Parada de Sil.
A 5 km desta rotonda, hai un desvío á man esquerda. Está indicado o Parador. Seguimos por ese camiño e a menos dun Km xa chegamos.
Na entrada do parador hai un parking subterráneo gratuíto, e como seguramente faga frío, recomendaríavos meter dentro os coches.
Se dades chegado con estas explicacións, a verdade é que merecedes a cea!
18 comentarios:
¿E os de Boiro qué pasa? ¿Non somos xente ou qué? Ooossss.... que me arrebato como fan en Escarabote e acabamos mal....
Pois non che digo nada dos que veñen desde Luxemburgo.....se os puñeteros franceses o permiten.....bufff.....
Os de Boiro pasan por Santiago ou por Vigo, Os de Valencia, tamén veñen en coche desde Santiago, e os de Luxemburgo, se dan chegado a Vigo, veñen desde alí en coche. Os de PonteCaldelas teñen que ir a Pontevedra, AP-9 a Vigo. Os de CEE e Ribadeo pasan por Santiago, e os de Silleda collen a AG-53 en Lalín que desde alí xa é gratis, así que coas explicacións que ao final só hai que explicar as 3 rutas que están explicadas!
e os de Fonsagrada???????
Ao animador sociocultural da Fonsagrada non o invitamos, e os de Ponteareas xa sabedes cómo vir!
Fonsagrada Power!!!!!!!!!
Fonsagrada forever!!!!!!!!!
Viva a Fonsagrada!!!!!!!!!!!
¿Cómo? ¿Que non vai Milín? (E)
¿Cómo se pode ir á unha voda sen pasar pola AP-9? Imposible... Esa voda non vale...
Segue sen haber información do tren de volta... ¿Álvaro non che queda máis ou menos de camiño acercarme a Luxemburgo de paso que volves para PonteA?
Estes están todos tolos...
Totalmente dacordo.Moita indicación e moito plano, pero a AP-9 non sae por ningunha parte....e Luis, levaríate encantado, pero creo que a AP-9 non chega ata Luxemburgo...senón, vamos, levabate seguro........¡¡putos gabachos!!!!
Se hai que mandar a Moratinos para que te rescate, ¡¡mandámolo!!
Ou senon ó rei, que estes días anda bravo... que lle meta unhas yoyas a Sarkozy
Portillo!!!! a ver qué problema hai co mapa de estradas... ehh!!! un respeto!!!... Pau.
Home, o mapa non está mal de todo...pero faltan referencias á AP-9 e a Fonsagrada. Sen iso, non é un mapa completo............
(o do comentario anterior era eu)
Martín, para estes invitados pesados que queren chegar de sitios varios, recoméndoche que lles digas que merquen un GPS e vaian a: N42º25'3" O7º41'8"
Será por falta de GPS...
É certo, para os que teñen GPS, o Código Postal de Luíntra é 32160 e o de O Pereiro de Aguiar é 32710
Segundo a web de Paradores, as coordenadas GPS son:
SANTO ESTEVO (OURENSE) X=608271, Y=4697133,7 Time Zone=29.
Máis información sobre cómo chegar http://www.parador.es/castellano/paradores/comollegar.jsp
(o plano non é mellor... aínda que as instruccións son menos que, total, para perderse chegan igual...)
Eu GPS deste non teño, teño do outro, do que mide outras "coordenadas" pero bueno...
Cando me perda e vexa a un paisano, malo será que non me saiba dar razón con estes números...
Que ao final, parece que vou... Por agora hai tren de ida e o de volta... ¡Xa se verá! O luns ás 9 teño reunión co xefe (máis xefe) así que máis me vale dar chegado ¡e sobrio!
Oeoeoeoe!!!!!! Ese mister, oe!!!Si señor!!!
Bueno, sin non das chegado á reunión, que polo menos que sexa porque chegas á festa, así que indícalles ben os números ós paisanos!!!
bueno. fancenso un resumo dos métodos posibles...
a)navegador gps con cartografía de carreteras de península íbérica+vehículo autopropulsado (que voa falta vai facer para chegar ata o parador)
b) gps coordenadas x,y + anficar (de esos que van pola auga e pola terra e se cadra tamén polo aire)
Publicar un comentario