jueves, 8 de noviembre de 2007

Que facer!

Non, desconfiados, non nos entraron as dúbidas! Toleamos, e de vez!

E aínda que o programa de actividades é bastante completiño (e aínda non está de todo pechado) para o venres e o sábado, se cadra algún de vos quere (e pode) disfrutar da Ribeira Sacra tamén o domingo.

A Ribeira Sacra é un lugar fermoso para perderse, así que aquí vos deixamos este mapa, para que vos perdades, pero con sentidiño. O mapa en si mesmo é unha ligazón á páxina de turgalicia onde engaden texto explicativo para cada un dos debuxos.



Aproveitando que onte tiven que ir a Luíntra (cabeza de concello de Nogueira de Ramuín) levar os papeis do matrimonio, fixen algo de turismo, pois para iso tiño o día de vacacións, e podedes ver algunhas fotos do Sil e do Mosteiro de Santa Cristina no albúm dos preparativos da voda.

Este mosteiro e o de San Pedro de Rocas, quedan preto do Parador, polo que se poden visitar nunha tarde sen problemas.

Se algún prefire facer un paseo no catamarán o domingo mellor que reserve. Os teléfonos Viajes Pardo (Ourense) telf:988210460 e Hemisferios Viajes (Lugo): telf:982254545, ou tamén, preguntando directamente no parador o sábado, pero xa arriscades máis :D

P.D: A semana que ven publicaremos o mapa e as indicacións de cómo chegar ao parador!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha preguntiña....¿sábese algo de si vai a estar aberto o SPA para o fin de semana? Porque estos de Ourense son máis ben lentos coas obras..........

Anónimo dijo...

Finalmente o SPA non estará aberto para a voda.