lunes, 12 de noviembre de 2007

FAQ (Frecuently Asked Questions)

Imos inaugurar este apartado de preguntas frecuentes para dar resposta a tódalas dúbidas que vos vaian xurdindo sobre os aspectos organizativos da voda.

As indicacións de Cómo Chegar, que o explicaremos o máis detalladamente que poidamos entre hoxe e mañá noutro post.

Aparte diso, neste post tentaremos respostar a cousas como a hora de entrada ao parador, o reparto de cuartos, horas das distintas actividades, etc... que non teñades claras. Introducide un comentario coas vosas dúbidas, preguntas e suxestións e os noivos respostaremos a cada unha delas á maior brevidade posible.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Aí vai o primeiro FAQ (por certo, non é por foder):
Teremos que esperar mil horas ata que os noivos saquen as fotos?
Teremos un brindis dos noivos cruzando os brazos?
Teremos que soportar a entrega de noivos con incertidume?
Teremos que ver a patosidade dos noivos bailando un vals?
E xa por último: teremos que aturar o "Que se biquen, que se biquen, que se biquen..."?

Anónimo dijo...

A última pregunta podo resportarche eu: si, vai haber "que se biquen, que se biquen". Nas demais non me pronuncio, que non me corresponde...
Aínda que vista a eficacia da figuriña dos noivos, máis dunhA igual esixe que os haxa...

Muak.

Anónimo dijo...

Non, non, non e non! e á última xa che respostou Luis!

Anónimo dijo...

Temos unha dúbida (casi existencial), non respecto á cerimonia, pero si ó evento que a desencadeou: ¿Como foi a pedida de man?

Cunha xestión de cerimonia tan ligada ó Internet, seguro que foi semellante a esta:
Pedida de man

P.D: como non imos estar por ahí este fin de semana, só nos queda desexarvos que vivades felices, comades perdices... e encarguedes un Martín pequeno rapidiño.