domingo, 14 de octubre de 2007

Varias razóns para casar

Se nos fixeran unha enquisa preguntando hai uns meses si estabamos a favor ou en contra dos casamentos, non teriamos votado a favor.
Aínda non casamos, se cadra toleamos, pero xa nos parece que isto ten as súas cousas boas.
Deixando a un lado as ventaxas legais, e o estrés de ter que organizar en pouco tempo un montón de cousas, queremos centrarnos noutros aspectos dos que nunca nos decatáramos: casar é a desculpa perfecta para xuntar á familia , para que veñan os amigos todos (ou bastantes), para montar un blog e utilizalo como punto de encontro, consultalo cada día pasando un bo rato, ir de viaxe, facer unha parada nas nosas vidas para recapitular sobre o feito e planear o que queda por facer, ...
Gustaríanos contaxiarvos un pouco da ilusión que estamos a poñer en todo isto, para comezar con forza esta nova etapa.
Máis de un recomendounos que fixeramos a voda que nós quixeramos, e disfrutar dos preparativos. Iso é o que estamos a facer, en parte gracias a vós.
Así que gracias por ler, comentar, votar, ... en fin, por facer entretido este blog.


P.D. Agradecemos todas as vosas opinión, pero tal e como nos recomendaron, faremos o que queiramos, como DURMIR XUNTOS O VENRES.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Nada, Martín, xa vemos cómo vos gustan as votacións no BNG de Antas. Agora nos explicamos mellor iso do teu cargo... :S
Para que vexas que aínda tes amigos, eu ofrézome a durmir contigo a noite do 16: aínda podo darche as últimas instruccións e botarche unha desas broncas míticas (anque desta tolemia parece que non te recuperamos...)
A noiva non ten problema: pode durmir cos seus irmáns que a protexerán de "espabilados" como o noivo...
Bicos.
Ludelux