Estou atualizando o blog dende a biblioteca do concello de Nogueira de Ramuín.
Acabo de entregar toda a documentación, polo que xa é oficial! Hai voda, polo civil e polo penal! Xa non hai que contratar ningún actor nin nada parecido!
Eso si, menuda viaxe. Andiven a experimentar e na Barrela decidín coller cara Os Peares. Impresionante pobo onde se xuntan o Sil e o Miño, pero mi madriña, para chegar alí...
O dito, os papeis están entregados e en regra polo que o 17 de Novembro convertirémonos oficialmente en marido e muller!
miércoles, 7 de noviembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Aínda non está todo perdido... Hai tempo de facelo recapacitar... ¡Que desta volta o perdemos, que toleou de todo!
Ata que non asine diante do concelleiro de donmanuel, non pasou nada...
Que va....se xa hai tempo que sabemos que está perdidiño de todo........e que toleou de vez.......
bueno, bueno... deixadevos de coñas que a ver q fago eu co traxe si non hai voda!!!!
Hai voda!! e finalmente podo confirma-la asistencia. A un día vista. Na miña linea.
Non podía ser doutra maneira, tes razón miña pequena. A esta voda hai que ir sexa como sexa.
Non puiden facer máis. Houbérame gustado de dispoñer de máis tempo para implicarme nos preparativos ainda que fora mediante este blog tan curradiño que foi dando eco a aqueles que non participamos do voso día a día polas circunstancias.
Aproveito a entrada para escribires unhas palabras a noiva. Esas que soen quedar na distancia e no seu silencio.
Lembro con sumo agarimo as horas compartidas con Cris. Un afecto especial úneme a esta rapaza coa que dibuxei moitos pequenos momentos ó longo das nosas vidas. Sempre coloreados do seu soriso e amabilidade. Toda unha muller do século XXI que sempre estivo o meu carón pese as distancias e as trabas da vida.
Non cheguei a coñecer o noivo, ainda que me basta ver a esta cativa Ponteareana chea de ledicia o seu carón para facerme unha idea.
Este é o selo dun conto de fadas co que tódalas princesas e príncipes soñan. Deseguro que a felicidade escribirá as páxinas en branco desa vida en común que habedes decido facer realidade. A miña enhoraboa e os meus mellores desexos.
jejejej.... vaia, acábome de fixar que a entrada se publica co meu nick deste mes dun blog do que son membro.
En fin , bico e deicamañá.
Publicar un comentario