jueves, 4 de octubre de 2007

Xa están os papeis expostos

Onte gracias á colaboración de Marga (nai do noivo) e de Delio fillo (testemuña número 2 e irmán pequeno da noiva) confirmamos que a solicitude de matrimonio xa está exposta nos nosos concellos, Ponteareas e Antas de Ulla.

Homes e mulleres do mundo, se coñecedes algún impedimento para que casemos tedes 15 días para falar ou calar para sempre! Non esperedes ao día da voda coma nas películas que alí non vos van dar a opción!

Na semana do 22 de Outubro os papeis voltarán ao Xulgado de Chantada, e de ahí ao ministerio fiscal. Xa vos informaremos!

P.D: Moitas grazas a Ramón, o secretario penal do xulgado de Chantada, que está a sustituir á secretaria civil, pola súa eficacia.

P.D2: O das alegacións, que sepades que non é obligatorio presentalas. Poden pasar os 15 días e todos caladiños, e non pasa nada...

Presentar algunha alegación en plan coña non é gracioso.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracioso non sei; pero ten que acojonar jajajaja...
E en canto ós impedimentos.... ¿hai contar tódas as batallas respectivas de cada un de vós e entón decidir se hai impedimentos?
Esixo que asistan as presentadoras da Sexta antes citadas incluídas... e os presentadores tamén, pola lei de paridade, claro.

Anónimo dijo...

Joder, nachete.....¿queres que vaia Montes?¿ou Iturriaga? ¿ou Salinas? ¿queres ir á Suite do Canivete con algún deles....?¿ou é solo por parecer máis guapo? (porque se ó lado de montes non pareces Brad Pitt, chungo...)

Anónimo dijo...

Eu, mellor, calo para sempre... :#

LdL

Anónimo dijo...

Parece mentira que esta xente estea casada....
Se non van homes, as mulleres ían protestar. Van protestar de tódolos xeitos, pero hai que procurar que sexa o menos posible (esto os casados deberían de sabelo, pero bueno...).
A mín Montes e Iturriaga tanto me teñen. Salinas, pola fama que ten, igual resta cuota; pero está casado, claro.
De tódolos xeitos, se vou parecer Brad Pitt, que veñan XA!!

Anónimo dijo...

Como xa sabemos que van a protestar (todas menos a miña muller, claro....), canto menos competencia teñas, mellor......así,ainda que protesten, teranse que quedar co que haxa....e neste caso serás tí.....ainda que non teñas ningún parecido con Brad........

Anónimo dijo...

Pois a min alegacións ocúrrenseme varias, coñecendo como coñezo a noiva (tanto que é a miña irmá)... Pero como se supón que me teño que situar da súa parte, non serei eu quen abra a caixa dos tronos. De tódo-los xeitos voume tomar a libertade de trocar alegacións por recomendacións:

- Ela sempre ten razón Martín, incluso cando che intenta explicar que a Terra é plana; faime caso: ¡non lle revatas!.
- Cando en pleno verán a vexas cuns calcetíns de lana nos pes non toleou, é que ten frío.
- Non te deixes convencer á hora de decidir a dónde ir de vacacións: se te deixas levar acabarás crendo que efectivamente Teruel é un gran destino para disfrutar de Sol e praia.
- Se quere comer sano que o faga ela, o bacon e as salchichas xa formaban parte da túa dieta antes de coñecela ¡qué carallo!.
- E, como teño algo de presa, douche a recomendación final e máis importante: ¡PACIENCIA AMIGO MARTÍN, PACIENCIA!

Anónimo dijo...

Uf, quen quere inimigos tendo irmáns? O das alegacións, Deliño, xa mo dirás á cara. Mira qué tes ganas de meter cizaña! O que pasa é que o meu irmanciño ten algo de pena de que me case, que xa se encerrou comigo nun cuarto para pedirme que recapacitara...
Xa estou vendo o que se me ven enriba. Os meus irmáns apoiando a Martín e viceversa. Iso pasa por non ter irmás. Menos mal que vou ganar dúas pedazo cuñadas que se porán da miña parte!!

Anónimo dijo...

eu só confirmar a recomendación de delio(irmán da novia)
Martín! dalle a razón coma ós tolos e non lle leves a contra nunca.

Pero o máis importante:
Non a molles
e nunca, pero nunca lle des de comer despois de media noite xDDD

besitos para las niñas y apretón de manos para ellos ;-)