miércoles, 10 de octubre de 2007

Unha voda clásica

Se ao final, por moito que te empeñas,... E mira que xa nos avisaron, pero bueno...

O caso é que o sábado vai ser unha voda clásica. Coas súas fotos, o seu banquete e a súa barra libre. Supoño que non quedaba outra... non ías desplazar ata o medio do monte a tanta xente para tomar uns pinchos...

Bueno, que só nos queda o venres para facer que esta voda sexa orixinal! Necesitamos a vosa colaboración! O primeiro, tedes que vir. O segundo tedes que pasalo moi ben.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Pasalo ben! iso non o dubidedes, como ben dicides non imos a desplazarnos o medio do monte para aburrirnos, imos a pasalo de p.m.!!!!!
O ben que o imos a pasar evinatdo que durmades xunros o venres!!!! jejejeje.

Anónimo dijo...

Se é unha voda tradicional...os noivos non poden durmir xuntos a noite antes.........iso cae de caixón.....ademáis, estamos a esperar pola votación prometida pola noiva......

Anónimo dijo...

Se non é por non votar. Que se hai que votar vótase ... pero votar pa' ná, es tontería!

Anónimo dijo...

Xa estamos intentando manipular!! se hai que votar vótase!. Referendum xa!!!

PAULA dijo...

pero votar o qué????? ..... non me entero de nada.... a culpa é do san froilán....en fin... creo q falo sola...

Anónimo dijo...

A noiva dixo que faría unha votación similar á que xa hai sobre a "Suite do Canivete", referente a se os noivos deberían de durmir xuntos a noite antes da voda ou non......e esta votación brila pola súa ausencia.....sigue a manipulación...e o noivo ascendendo políticamente........(E)

PAULA dijo...

GRACIAS PORTILLO!!!! Qué faría sin ti!!! jeje.
Pois como non poñamos remedio nos... onte falando ca noiva díxome textualmente: " Si hombre, vamos a pagar la habitación para no poder disfrutarla, pongais como os pongais, Martín y yo dormimos juntos esa noche..." E digo eu... QUE ANSIAS POR DIOS!!! nin q nunca durmiran xuntos...

Anónimo dijo...

Como párroco de Antas quero mostrar a miña satisfacción polas vosas últimas decisións. Vexo con moi bos ollos o cariz que está tomando a cerimonia nos últimos tempos e supoño que non tardaredes en vir a falar conmigo para que o enlace se produza, finalmente, en presencia de Dios.

Se a vosa reflexión segue polo bo camiño, comprométome irmán Martín a interceder por tí ante o Señor...

Por último quero comunicarte que tras unha longa negociación con Benedicto, chegamos ó acordo de que se o teu arrepentimento é total e abandonas o BNG, terás tamén o beneplácito do Vaticano e serás considerado coma o "fillo pródigo do siglo XXI".

Anónimo dijo...

¿Pódese saber quen diantres lle deu a dirección do blog ó párroco de Antas?