Está claro que existe a posibilidade de que alguén ligue durante a fin de semana ...
Está claro tamén, que alí no parador, perdidos no medio do monte, non hai moito a onde ir... que é novembro é fai frío... e a media de idade dos invitados supera a treintena...
Así as cousas, dende a organización, querendo atender a todalas necesidades dos nosos convidados, pensamos na conveniencia ou non de reservar a Suite do Canivete.
Por un lado, está o tema de que os compañeiros e compañeiras de cuarto dos afortunados que a usen, non teñen por que verse perxudicados. Despois de pagar unha pasta pola habitación, non poder usala e ter que durmir no pasillo! Esta claro que por un amigo faise o que sexa, pero...
Por outro lado está o tema da financiación desta Suite. A quen lle corresponde pagala? Aos noivos? Aos que teñen opcións de usala? A todos os invitados como Acto de Solidaridade,..., porque a fin de contas... quen non votou de menos unha suite do canivete? E se algún dos que a priori non tiña opcións tolea? E se ao final non se usa?
Podese entender esto como unha especie de "seguro de cancelación de reserva"...
O que xa desde este momento queda descartado, e pretender usar a Suite Nupcial para este fin. A pesar de que a noiva, nun acto de extrema xenerosidade, dixo: "bueno... se fai falta..." O noivo respostou cun rotundo: "Y una mierda! A Suite Nupcial non se toca!" Advertidos estades, so pena de expulsión!
martes, 2 de octubre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
26 comentarios:
Antes de que o faga o mister, que o fará......(E)!
Ola! son a testemuña núm 1, Paula, a irmá pequena do noivo, para ser máis exactos e, creo q a testemuña núm 2 e mais eu imos facer as funcións de "padriño e madriña" así q teño q mostrar o meu desacordo en ter q pagar nós a suite do folleteo, ou do canivete, ou como lle queiran chamar... cada un q se busque a vida!!! e senón... esto xa volo direi ós convidados VIPS o viernes pola noite sen q o oian os noivos... Vémonos o 16!! e q chegue xa q estos acaban conmigo... téñenme esclavizada!!!!!!
¡¿¡¿Qué carallo é eso de ter que pagar esa suite quenes a vaian usar ou non?!?! Ou a pagan os novios ou se non nada.
Ademáis, sempre se pode montar unha orgía-botellón no claustro... así, a lo loco, all together living la vida loca.
A clave está en que fagades o reparto de habitacións chicho-chico e chica-chica. Porque se o meu compañeiro de habitación triunfa eu sacrifícome o que faga falta. E ademáis, ¿quen quedaría coa compañeira de habitación da triunfadora do meu compañpeiro?
Paula, declárate en folga e esixe un soldo digno!!!
Novios, CACIQUES!!!
O mesmo lles dixen eu!!! que o de non reservar unha suite canivete ía dar mais xogo, xq se éramos parellas "homosexuais" en cada habitación o q quisexe ou poidese facerse hetero farían outra parella hetero... ahora... como pase a noite roncando acabouse o de intercambiar habitacións... q cristo va a haber!!!!!!
In-presionante... Buff...
Vai ser que todo o traballo lle toca a Paula e a Martín quédalle o tempo para barrenar estes "temas"... :S
Martín: sempre se funcionou moito mellor con presión e contra o reló :D Ademais o jodido sempre é atopar quen, non onde... Ten moita máis gracia xogar a Benny Hill no Parador e andar barallándose polas habitacións... ti nos queres dar todo feito (menos a lista dos desparellados, que ían ocultos no correo-e)
Aínda que se queres demostrar a túa amizade e solidariedade que mellor que crear o lema: SUITE NUPCIAL COMUNITARIA ¡¡XA!!
Besito prenupcial ;)
¡Pois si que volo montades ven a xeración do setenta e tantos!... ¡Habitación do canivete e todo!. Nótase que nos somos uns pipiolos ó voso lado e témonos que buscar a vida chegado o momento. De todo-los xeitos a partir de agora quero ser coma vos: acabáronse as posturas incómodas no asento de atrás do coche; a incertidume de si chegará antes do previsto a noiva de ese amiguete que che prestou o piso que acaban de mercar (xogándose algo máis que o físico); o sexo na rúa (por moi recóndita que poida parecer non deixa de ser rúa);... e eu que sei. DÉIXOO todo!!!!; reivindico o meu dereito a poder utilizar unha suite do canivete (e se encima é sufragada polo próximo, cojonudo)...
¡¡¡CHACÖN, AS NOSAS PRETENSIÓNS AUMENTAN: "VIVENDA DIGNA E SUITE DO CANIVETE PARA TODOS"... NON NOS DEFRAUDES"!!!
Estou de acordo con que o complicado é atopar con quen e non onde, que ese é un problema secundario tendo o primeiro resolto.......pero, se xa postos e se pensa en todo, e se soluciona o problema de "ONDE", os noivos, facendo uso de influencias, poderíanse estirar e solucionar o problema de "CON QUEN" invitando, por exemplo, a Cristina Villanueva, Cristina Saavedra, Helena Resano e Mamén Mendizábal...¡¡xa verias como aparecía xente disposta a pagar a Suite!!!!!
Delio, testemuña número 2, ti queres ser coma nos. O jodido é que os candidatos a usar a suite queren ser coma ti e ter sexo na rúa, no coche, no piso dun amigo...
Boas! Súmome á petición de "Portillo" que se invite é redacción ( feminina) de noticias de la Sexta xa!!!!
Martín, que veñan as da Sexta que lles damos noticias que contar... Segurísimo...
Buff, Delio... Coche, casa, rúa: ¡¿de verdade que hai tantos sitios?!
:D
LdL
que pasa? vou ser a única que se opoña á suite do folleteo? e vou ser a única fémina que escriba neste invento??? Cris!!! échame una mano o duermo con vosotros la noche de bodas!!!! Que pasou con esas noites de xeada, acurrucadiños nun coche vendo as estrelas á luz da lúa? ou do portal do edificio ca intriga de si chegará algún veciño e te pilla? ou deses claustros que ten o parador onde te podes perder e só te atopa quen ti keres??? onde vai o romanticismo???? queredes todo feito!!!! NON A SUITE DO CANIVETE!!!! Delio, non te das conta de que o final os gorrons dos noivos seguro que nos piden, nos esixen, que a paguemos nos?!!!!!Y UN CUERNO!!!!.
Por certo, LDL, que non teño o pracer de coñecerte (ou eso creo), non te fagas ilusións ca lista de invitad@s solteir@s xq somos poucos... cachis!!! intentaremos (Martín e eu) usar nosos contactos na Sexta Noticias para q veñan... hasta o do tempo!!!!
pois para min a chichifer, a moza "jarrón piedra", lindsay lojan... pero con tantas chicas imos ter que amplia-la suite, ou cando menos a cama de 150 :)
besitos para las niñas y apretón de manos para ellos :P
A min surxiume esta fin de semana unha dúbida razoable. Estamos a falar da suite do canivete...para o día da voda, supoño. Pero hai outra cuestión. ¿É o venres, que é cando hai "festa da mocidade"? Porque ahí penso que sí estará libre a Suite Nupcial...porque claro, non pensarán os noivos durmir xuntos o día antes da voda.....¡¡¡nin de coña!!!!!!Non o podemos permitir... :-))))
Bueno, xa temos un invitado menos para a voda!
Ana, importache compartir habitación con outra rapaza ou prefires habitación para ti soa?
Xa empezamos coa censura!!! Martín non em fagas como os do PP!! Estou de acordo con Álvaro, a noite do venres aínda non estades casados así que non podedes durmir xuntos. Facede como queirades pero o venres na de na!!!
As vantaxes de casar polo civil, ou polo penal no noso caso (que nos atendeu o secretario de penales, non a do rexistro civil) é que NON HAI PECADO! Mentras non haxa delito, podes ser o máis pecador do mundo que nos van casar igual!
E se vos poñedes tontos, imos para a Suite do Canivete, e nin Suite nupcial nin na de na!
wtDelito, delito... xa hai!... Martín, teño q lembrarche os nomes dos teus cuñados??... Delio, non te enfades, pero a culpa é da túa irmá q é unha langoreta e me conta intimidades de cando érades pequenos...
E por outro lado... a suite nupcial xa a pedín eu para a noite do venres antes de q a kixerades todos vos, e creo, q con todo o esforzo q tou facendo, q menos q durmir unha noite alí...non??? pero podemos facer alí un botellón (xq xa nos dixeron no parador q á partir das catro, todo o mundo á cama!!).
durmir na suite do canivete¿?
... dende logo..!!
pauliña!. a suite do canivete reservámola para outras cousas. Que para eso temos unha soa :)
Non o podo crer. Veño de quedar cos de Ponteareas coa intención de tomar algo e charlar tranquilamente, e resulta que pretenden que os noivos non durmamos xuntos a noite do venres. Todos en complot ("pa revolver"). Nós, unha parella liberal que casamos polo civil,e pretenden amotinarse e facer gardas para impedir que durmamos xuntos. NON Á REPRESIÓN!! Se os de Ponteareas durmen na outra punta do parador, non é discriminación, é prevención.
Uy,uy,uy, xa empezamos coa segregación!!afastarnos das¡ suite nupcial non nos vai parar!!, quen avisa non é traidor!!!
Para os de Ponteareas: Cómo ven di Xose, quen avisa non é traidor. Lembrovos que as habitacións as temos que reservar nós, así que non vos estrañedes se chegades alí o venres o non tedes cuarto para vós!
Resumindo, e do xeito máis diplomático que se me ocorre: "É a nosa voda e faremos o que nos de a gana!"
Un pouquiño de coherencia! Alguén molestou a outros noivos, que casaban pola igrexa e sen embargo estiveron meses vivindo en pecado?
O dito. Non toquedes as narices que non vides á voda!
Uyuyuyuyuy!!! Se nota la tensión....
Como diria Jack o destripador...vaiamos por partes....
Por un lado, voume dar por aludido, en referencia a vodas recentes.....eu cumplín, como bo cabaleiro que son, e non durmin coa, daquela, miña prometida. Xentilmente acompañeina ós seus aposentos, e eu marchei a fume de carozo....asi que non había razón para protestar.....
E vamos, que sería de nos se non puidésemos tocar as narices.....
E en canto ó de quedar sen cuarto....non sabía que a nova táctica dos do bloque eran as ameazas, pero ante isto....¿que non hai cuartos?¡¡¡okupación por todos da suite do canivete!!!!!
Martín! Vexo moita tensión nos teus comentarios, pode que che está a poder a presión da voda así que vai ser mellor que non empeces con ameazas! que voda máis aburrida sería se non nos invitades!! hai que darlle "vidilla"!!
Juan??? é o nome do outro concuñado meu, non? bueno, pois dígoche q eu pedin pasala noite do venres na SUITE NUPCIAL non na do canivete... cómo van durmir xuntos esa noite os noivos??? e o peor non é eso, senón q eles manifestaron a súa intención de VESTIRSE NA MISMA HABITACIÓN O DÍA DA VODA!!!!!!!!!!!!!!!! si é sabido por todo o mundo q iso trae mala sorte!!!!! ayyyyssss... cuanto tienen q aprender estos chicos!!!!
Hola. Son a outra irmán de Martín,a que non vai de madriña non sei por qué. E quérovos anunciar que non vos preocupedes os que pediades que foran as presentadoras de La Sexta. Xa vou eu e, según me dixo meu mozo onte, estou moito máis boa que a de Santa Cruz (oséase, Cristana Saavedra). Je,je,je, vouno ter que levar ó oculista ó pobriño .....
vaia! lin esto tarde ...
... íache dicir que eu me apuntaba contigo a durmir na suite nupcial que ademáis coido que a íamos disfrutar máis ca eles, xa que nin sequera a iamos ter que pagar.
eu tampouco voy de padriño ... pero por ser despois da voda xa sei pq xDDD (polo do reloxio)
en cuanto ó teu mozo penso que non é tan parbiño coma pensas, xa que se coñece que se te está a comparar con esas dúas é porque lle gustan e non aleatorio como a priori poderías pensar.
xDDD
bicos para as dúas e abrazos para os demáis :D
Publicar un comentario