Como poderedes ver, hai dúas novas ligazóns na marxe dereita. Dous albumes novos para ir colgando fotos.
No primeiro, os noivos e vos, queremos que participedes. Enviarémosvos un correo electrónico cun usuario e un contrasinal, para que subades fotos a este albume. Fotos nas que estemos nos, xuntos ou por separado, pero o máis importante, fotos nas que estemos con vós. Queremos lembrar así momentos anteriores á voda vividos con todos os nosos amigos.
No segundo iremos poñendo fotos dos preparativos da voda, e do que vaiamos facendo durante estes días que faltan.
Despois da voda, crearemos outro albume para subir as fotos do evento e poder acceder a elas desde aquí.
Eso si, non sexades malas persoas e subide fotos nas que saiamos ben :D
Moitas grazas.
viernes, 12 de octubre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Eu teño unha dúbida trascendental. ¿A qué vos referides cando falades de "amigos anteriores á voda"? :-P
(pode que o meu resacoso estado mental inflúa no tema)
Xa está correxido. Que puntillositos que sodes...
Pois eu invito a un par de copas ó que colgue unha foto de Martín vestido de ciclista... É que me contou que tivo un intenso idilio cunha Orbea de 14 velocidades cando era novo e eu non o creo. ¿Quen sería o seu ídolo?, ¿Ángel Arroyo?, ¿Paco Antequera?...jajaja.
Estou tentando que desempolve a súa vella fraca, e ó mellor se ve algunha foto éntralle a morriña.
O dito, dúas copas para o que colgue a instantánea.
colgar a foto da bici sirve??? aínda q non esté Martín enriba... así lle sacaríamos un pouco o polvo... Creo q son unha das persoas q tivo o pracer de velo enriba desa orbea... ata ir con el a andar!! ejej.
Eu xa fixen a miña contribución coas fotos que teño no disco do ordenador (faltan moitas pero...). Cando teña tempo, engádolle comentarios...
Tamén incluín unha histórica do verán do 92 :) Coa colaboración de miña nai no servizo de documentación (buscando o álbum), de meu irmán no apartado técnico (escaneando a foto) e de Skype para poderlles dicir cal era a foto que tiñan que escanear :D
Espero que vos guste a selección.
Bico.
LudeLux
Eu tamén fixen unha pequena aportación (seria máis ampla,pero a maioria das fotos que ía poñer xa as subira o mister antes...:-)). Espero que vos guste.
p.d. Que tiempos aquellos!!!!Que fotos máis míticas!!! Vivan os touros!!!!
Ole, Ole y Ole polos subidores de fotos!! E polo equipo de documentación e técnico. Menudas pintiñas as do 92!! Hai moitas fotos no album que eu nunca mirara. Estou enganchadísima ao blog!! Que ilusion ir vendo fotos de todos... Ainda que guapos, guapos en todas non estamos. A dos muiños do folón con cara de asco non facía falta poñela...
guapos guapos só cando se paga moita pasta por que te maquillen (caso boda que estabades moi guapos os dous) ... o resto das veces como ven díxo o noso amigo fotógrafo na boda (Pereira) a cámara tampouco pensedes que é máxica. Saca o que se pon diante dela con toda fidelidade e se non gusta non vale poñerse outra vez coa mesma cara e repetir o disparo xDDD
bicos ás mulleres e abrazo para eles ;-)
Publicar un comentario