- Recoller os aneis.

- Reservar a viaxe de noivos
- Elexir as maletas
- Tratar coa perruqueira da noiva.
- Probar o menú
- Tratar flecos de organización co director do parador
- Repartir algunha invitación
- Lavar o coche
- Apañar noces e castañas
- E que che poñan unha multa! 2 puntos menos do carné e 140€ (90 por pronto pago) #=@!
7 comentarios:
Ai, Martín, Martín... Era verdade que non che viñera o sentido todo... Hai que ir a modiño...
¿Pero vai haber aneis e todo? ¿Non era unha voda "alternativa"?... (E)
Din os "nativos" que espere a queixarme do frío cando esteamos a -15ºC :S
Está claro que tes que comenzar as negociacións cunha ou varias das túas veciñas! Que a ver que fas tí con -15ºC!
E joder, pilláronme a 88 nunha zona limitada a 50 á saída do novo tramo da autovía Dozón-Carballiño! Se e que o fan a mala fe os cabróns!
Buff, desde sábado xa non sinto os pés, así que...
As veciñas van ter que me facer prezo, se non nin chego ao 15...
Martín, se dixeras que eres parente lonxano de Baltar xa estaba.... lembra que en política o que importa é o resultado (independendemente das mentiras ou pucherazos que haxa que utilizar para acadar ese resultado, jejeje).
En Boiro seguimos a vinte pico grados con ceos totalmente limpos...
ldl...eu creo que o frío que estás pasando agora é un entrenamento para que se ligas o finde da voda, non necesites a suite do canivete.....e disfrutes do calorcillo que seguro vai facer polas montañas de ourense a mediados de novembro.....
Buff, que non estou para eses trotes... Aos meus anos... En Novembro... Polo medio do monte...
PROTOCOLO CANIVETE ¡¡XA!!
Xa estamos con disculpas....(E)
Publicar un comentario