jueves, 29 de noviembre de 2007

Domicilio conxugal

Xa estamos de volta, e ainda seguimos casados!!
Despois dunhas vacacións por terras mexicanas con moita praia e piscina, moita piña colada e coco banana, kayac, snorkel e submarinismo ademais de comida a fartar por fin demos chegado á nosa casiña.
O luns 26, ás 10 da noite de México (5 da mañá aquí) decatámonos que reservaramos mal os voos de Madrid a Santiago.
Saliamos de Cancún o día 27, as 20.00horas (3 da mañá do día 28 en España) e tiñamos os billetes para o día 27 ás 21.00horas de España!
Como estabamos cansos, e tampouco se había que agobiar, marchamos durmir (o jet lag é unha putada, e ás 7 da mañá estás desperto, e as 10 da noite non podes contigo) así que o martes 27 ás 10 da mañá (5 da tarde para vos) fomos conectarnos a internet, para comprobar que efectivamente non iamos dar chegado para o voo Madrid - Santiago.
Unha hora despois, marchamos á piscina, pedimos unha piña colada, e mentras a tomabamos, enviamos un sms ás nosas casas, sen saber que levaban desde as 12 da mañá chamando a todos lados porque pensaban que xa estabamos secuestrados no aeroporto!
Onte chegamos a Madrid moi cansados, esperamos moitísimo polas maletas, e marchamos a casa do Tío Ovidio e da Tía Sari, desde donde resrevamos un voo para este mediodía.

Cómo podedes ver na foto, tamén fixemos algo de turismo cultural!

viernes, 23 de noviembre de 2007

Lúa de Mel

Estamos aquí na Hacienda Dona Isabel do Gran Bahía Principe Riviera Maya.
Só é por darvos envexa!

A verdade é que cobran o minuto de internet a prezo douro e non trouxemos moitos cartos, co que xa nos explayaremos noutro momento.

P.D: Grazas polas fotos! Seguide subindo!

domingo, 18 de noviembre de 2007

Marido e Muller

Xa está o traballo feito.

Moitas grazas a todos os que nos acompañestes, e un recordo moi especial aos que non puidestes vir porque vos votamos de menos e sabemos que vos a nos tamén!
Esperemos que disfrutarades da voda e que realmente vos quede un gran recordo desta fin de semana.

A nós mañá quédanos un día duro, facer as maletas para marchar de vacacións. Podemos facer apostas, pero seguro que xa se produce a primeira riña matrimonial do tipo... Onde puxeche esto, cómo non colleche aqueloutro... pero bueno, confiamos en superalas. Só a idea de imaxinarnos nas praias da Riviera Maya tumbados ao sol cun cubata na man axuda :D

O dito, moitas grazas novamente, e agora, todo quisque a subir fotos. Se algún non recorda o contrasinal, ou necesita algunha explicación sobre cómo subilas, que se poña en contacto con Álvaro: alvar_hito@hotmail.com que está feito todo un experto no Picassa :D

jueves, 15 de noviembre de 2007

Programa de actividades

Voda Cris e Martín
Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil
16, 17 e 18 de Novembro de 2007



Venres 16
22.00h Chegada ao parador
22.30h Cea no salón da adega
00.00h Barra (non) libre

Sábado 17
10.00h Almorzo
11.00h Paseo polo camiño real
14.00h Pinchos no claustro do viveiro
15.30h Visita guiada ao parador

18.30h Visita guiada ao parador (repet.)

20.00h Cerimonia civil. Salón Refectorio
21.00h Banquete. Salón dos Reis
23.30h Barra libre. Salón da adega
03.00h Chocolate con churros
04.00h Festa no Mesón San Roque
(Barra non libre)

Domingo 18
12.00h Almorzo
13.00h Saída

martes, 13 de noviembre de 2007

Como chegar

Todolos camiños chegan a Roma, e Santo Estevo non ía ser menos! Pódese chegar por varios sitios, incluído pola pista ao pé do Sil desde os Peares ata o encoro de Santo Estevo, pero aquí ímosvos indicar o mellor camiño, atendendo a asfaltado, anchura da estrada e número de curvas. O mellor camiño é ir por Pereiro de Aguiar, para o que hai que coller a estrada de Ourense á Terra de Trives. Por tanto, todolos invitados teñen que pasar por Ourense.

Ata Ourense chegaredes desde 3 puntos distintos, a saber:
  1. Estrada Lugo - Santiago, desde Lugo, Antas, Santiago, Coruña, Ferrol, Pontedeume, ...
    Guía Campsa
  2. Autoestrada A-52, desde Vigo - Ponteareas.
    Guía Campsa

  3. Autoestrada A-52, dende Madrid - Verín.
  4. Guía Campsa
Vindo pola estrada de Santiago é moi doado enlazar coa estrada de Trives. Hai que coller o desvío provisional a Madrid-Monforte e seguir os carteis cara Terra de Trives.

Se vides desde Ponteareas - Vigo, hai que seguir os indicadores ata a N-120, sentido Monforte. Unha vez que imos pegados ao río, pasades o Halley e colledes a primeira saída á dereita, indicada como Velle. Na rotonda, á esquerda, cruzamos por debaixo da N-120, e saídes a outra rotonda, da que colledes a primeira saída. Na terceira e cuarta rotondas seguides os indicadores de Terra de trives.

Para os que vides pola A-52, en sentido Vigo, se as indicacións da guía campsa non vos son útiles, seguide as indicacións da Monforte, Lugo, Santiago, e unha vez na N-120 sentido Monforte, seguides o párrafo anterior.

Agora que xa estamos todos na estrada de Manzaneda, Terra de Trives, hai que ir atentos, pois a poucos kilómetros teremos que coller un desvío á man esquerda, cara O Pereiro de Aguiar. Este desvío está a uns 5 km da última rotonda.

Se nos pasamos o desvío, a 1 km hai sitio para dar a volta. Se chegades ao cárcere de Pereiro de Aguiar, dade a volta!

Unha vez na estrada de Pereiro de Aguiar, hai que seguir todo recto ata Luíntra, cabeza de concello de Nogueira de Ramuín. Imos chegar a unha rotonda, na que está ben indicado o Parador de Santo Estevo, sentido Parada de Sil.

A 5 km desta rotonda, hai un desvío á man esquerda. Está indicado o Parador. Seguimos por ese camiño e a menos dun Km xa chegamos.

Na entrada do parador hai un parking subterráneo gratuíto, e como seguramente faga frío, recomendaríavos meter dentro os coches.

Se dades chegado con estas explicacións, a verdade é que merecedes a cea!

lunes, 12 de noviembre de 2007

FAQ (Frecuently Asked Questions)

Imos inaugurar este apartado de preguntas frecuentes para dar resposta a tódalas dúbidas que vos vaian xurdindo sobre os aspectos organizativos da voda.

As indicacións de Cómo Chegar, que o explicaremos o máis detalladamente que poidamos entre hoxe e mañá noutro post.

Aparte diso, neste post tentaremos respostar a cousas como a hora de entrada ao parador, o reparto de cuartos, horas das distintas actividades, etc... que non teñades claras. Introducide un comentario coas vosas dúbidas, preguntas e suxestións e os noivos respostaremos a cada unha delas á maior brevidade posible.

jueves, 8 de noviembre de 2007

Que facer!

Non, desconfiados, non nos entraron as dúbidas! Toleamos, e de vez!

E aínda que o programa de actividades é bastante completiño (e aínda non está de todo pechado) para o venres e o sábado, se cadra algún de vos quere (e pode) disfrutar da Ribeira Sacra tamén o domingo.

A Ribeira Sacra é un lugar fermoso para perderse, así que aquí vos deixamos este mapa, para que vos perdades, pero con sentidiño. O mapa en si mesmo é unha ligazón á páxina de turgalicia onde engaden texto explicativo para cada un dos debuxos.



Aproveitando que onte tiven que ir a Luíntra (cabeza de concello de Nogueira de Ramuín) levar os papeis do matrimonio, fixen algo de turismo, pois para iso tiño o día de vacacións, e podedes ver algunhas fotos do Sil e do Mosteiro de Santa Cristina no albúm dos preparativos da voda.

Este mosteiro e o de San Pedro de Rocas, quedan preto do Parador, polo que se poden visitar nunha tarde sen problemas.

Se algún prefire facer un paseo no catamarán o domingo mellor que reserve. Os teléfonos Viajes Pardo (Ourense) telf:988210460 e Hemisferios Viajes (Lugo): telf:982254545, ou tamén, preguntando directamente no parador o sábado, pero xa arriscades máis :D

P.D: A semana que ven publicaremos o mapa e as indicacións de cómo chegar ao parador!

miércoles, 7 de noviembre de 2007

Hai voda!

Estou atualizando o blog dende a biblioteca do concello de Nogueira de Ramuín.
Acabo de entregar toda a documentación, polo que xa é oficial! Hai voda, polo civil e polo penal! Xa non hai que contratar ningún actor nin nada parecido!

Eso si, menuda viaxe. Andiven a experimentar e na Barrela decidín coller cara Os Peares. Impresionante pobo onde se xuntan o Sil e o Miño, pero mi madriña, para chegar alí...

O dito, os papeis están entregados e en regra polo que o 17 de Novembro convertirémonos oficialmente en marido e muller!

lunes, 5 de noviembre de 2007

Perruquerías

Para os máis presumidos e presumidas, que precisen ir á perruquería o sábado pola tarde, aquí vos deixamos unha lista das mesmas en Ourense. Hai moitísimas máis, estas catro son algunhas das que nos recomendaron, Rosa a perruqueira habitual do noivo, que é natural de Ourense, e Raquel, compañeira de traballo habitante de Ourense.
As 3 primeiras están no centro, cerca do Parque de S. Lázaro.

A última, en realidade son 3, unha no centro, tamén cerca do Parque de S. Lázaro e as outras dúas nos centros comerciais de Carrefour e de Pontevella respectivamente. A vantaxe destas dúas é que os dous centros comerciais están ben encamiñados para ir e volver ao parador.

A noiva e as cuñadas, marcharán a fume de carozo o sábado ás 3 para outra perruquería, que non vos poñemos aquí para que xa non chamedes :D

Nova Llongueras.
R/Juan XXIII 7.
988 371 142

ESPEJOS
R/Curros Enrríquez 8
988 233 154

TITO HEIDELBERG
Av. La Habana, 37
988 211 759

R. Erveledo 16
988 373 606


LITO SEOANE PELUQUEROS
R/Cardenal Quevedo 32-baixo
988 233 923

CC. Carrefour
988 253 075

CC. Pontevella
988 602 526