miércoles, 31 de octubre de 2007

Xa (casi) temos os papeis

A verdade é que esta semana temos un pouco abandonado o blog, pero e que andivemos preocupados polos papeis.

O luns chamei a Chantada, falei con Milagros.

Martin: Ola, bos días, chamo por un expediente de matrimonio civil, quería saber cómo estaba. (O clásico que hay de lo mío!)

Milagros: Que queres, poñer a data?

Martin: Non, e que a data xa está posta, ese é o problema. Fixémolo mal, pero ...

Milagros: Uuuuuuuyyyyyyy pero para cando a tedes?

Martin: Para dentro de nada!

Milagros: Uuuuuuuyyyyyyyyyyyyyy bufff, a ver, cómo te chamas!

.....................

Milagros: E onde queredes casar?

Martin: En Nogueira de Ramuín.

Milagros: Uuuuuuuuuuuuuuuuuyyyyyyyyyyyyyyyyyy... Bueno a ver, falta o auto do xuíz, ... a ver, a ver se lle damos para adiante.

Martín: Bueno, moitas gracias, a ver se o poden apurar ...

Aos 5 mínutos chamame Milagros.

Mira, que xa fixen o auto, mañá mándollo ao fiscal,

Martín: Moitas gracias, e logo agora canto tardará esto?

Milagros: Uy, non sei, esto vai rapidísimo e non sei!

En fin, hoxe pasei polo xulgado de Chantada. Milagros non estaba, atendeume novamente Ramón, que me recoñeceu, debe ser que sacamos boa nota no exame e se lembra de nós :)
O señor xuíz xa firmou o auto e agora están os papeis en Monforte para que o fiscal de o visto e prace, así que na semana que ven nos chamarán para que vaiamos a Chantada a que nos notifiquen que estamos autorizados para casar!

A verdade é que hoxe xa respiramos moito máis tranquilos! Gracias, de verdade, a Milagros que axilizou os trámites a pesar do susto.

martes, 23 de octubre de 2007

Información de interese

Ante os milleiros e milleiros de mails preguntando sobre o tema, imos detallar unhas cantas cuestións para beneficio da comunidade :)
  • Reserva de habitacións no parador: O único que tedes que facer é decirnos se vides e cantos días vides. Nós confirmamos a reserva co parador e se procede, ata facemos o reparto de habitacións, previo consentimento dos interesados, claro está!
    Non é necesario facer ningún pagamento previo polo cuarto. Págase a totalidade ao deixar a habitación.
  • Vestimenta: Evidentemente, cada un pode vir vestido como considere oportuno. Non se aplican protocolos nin normas de etiqueta. Na cea do venres os noivos iremos vestidos de xeito informal (o noivo con vaqueiros), e na cea do sábado, ... non.
    Contade con roupa para a camiñata!
  • Horarios: Tanto o venres coma o sábado podedes chegar ao parador e ocupar as habitacións a partir das 14.00h, como en calquera outro hotel.
    A cea do venres será ás 22.30 horas (media hora antes do planificado inicialmente).
    A camiñata (de asistencia obrigatoria) será ás 11.00 horas, e o xantar do sábado ás 14.00h.
    A cerimonia civil terá lugar ás 20.00h e a cea ás 21.00h.
    A barra libre do sábado durará ata as 4.00 da mañá. A partir desa hora non se pode facer ruído no parador.
    O domingo hai que deixar libres as habitacións ás 13.00h.

E de momento pouco máis podemos dicir. Ao longo destes días irémos colgando máis información de interese. Estade atentos!

lunes, 22 de octubre de 2007

Fin de semana intenso

A verdade é que as fins de semana dan para moito!
  • Recoller os aneis.

  • Reservar a viaxe de noivos

  • Elexir as maletas
  • Tratar coa perruqueira da noiva.

  • Probar o menú
  • Tratar flecos de organización co director do parador
  • Repartir algunha invitación
  • Lavar o coche
  • Apañar noces e castañas
  • E que che poñan unha multa! 2 puntos menos do carné e 140€ (90 por pronto pago) #=@!

viernes, 19 de octubre de 2007

Banda Sonora

Agora que xa temos un porrón de imaxes e que seguirán medrando habrá que comenzar coa música!

En fin, que esto ven porque o mércores atopámonos cuns bos amigos. Os Xochilmicas! Despois de pasar unha noite no Bar Plaza de Antas, ao remate dun concerto.
A mediados de Agosto a idea de voda flotaba no aire, pero era bastante distinta. Pulpo e churrasco nunha carpa e facer unha romería. E case os tiñamos contratados para a voda! Faltáronnos dous cubatas máis!

Pois nada, que están a gravar un novo disco, que sairá ao mercado en Decembro, así que todos a mercalo!

www.xochilmica.com

Non a suite do canivete

Ao final venceu o NON!
Os que liguedes, teredes que buscaros a vida!

domingo, 14 de octubre de 2007

A noite do venres

Tal e como prometeu a noiva e como demanda a afición, xa tedes dispoñible a enquisa para votar sobre a conveniencia ou non de que os noivos durman xuntos o venres 16.

Varias razóns para casar

Se nos fixeran unha enquisa preguntando hai uns meses si estabamos a favor ou en contra dos casamentos, non teriamos votado a favor.
Aínda non casamos, se cadra toleamos, pero xa nos parece que isto ten as súas cousas boas.
Deixando a un lado as ventaxas legais, e o estrés de ter que organizar en pouco tempo un montón de cousas, queremos centrarnos noutros aspectos dos que nunca nos decatáramos: casar é a desculpa perfecta para xuntar á familia , para que veñan os amigos todos (ou bastantes), para montar un blog e utilizalo como punto de encontro, consultalo cada día pasando un bo rato, ir de viaxe, facer unha parada nas nosas vidas para recapitular sobre o feito e planear o que queda por facer, ...
Gustaríanos contaxiarvos un pouco da ilusión que estamos a poñer en todo isto, para comezar con forza esta nova etapa.
Máis de un recomendounos que fixeramos a voda que nós quixeramos, e disfrutar dos preparativos. Iso é o que estamos a facer, en parte gracias a vós.
Así que gracias por ler, comentar, votar, ... en fin, por facer entretido este blog.


P.D. Agradecemos todas as vosas opinión, pero tal e como nos recomendaron, faremos o que queiramos, como DURMIR XUNTOS O VENRES.

viernes, 12 de octubre de 2007

Fotos

Como poderedes ver, hai dúas novas ligazóns na marxe dereita. Dous albumes novos para ir colgando fotos.

No primeiro, os noivos e vos, queremos que participedes. Enviarémosvos un correo electrónico cun usuario e un contrasinal, para que subades fotos a este albume. Fotos nas que estemos nos, xuntos ou por separado, pero o máis importante, fotos nas que estemos con vós. Queremos lembrar así momentos anteriores á voda vividos con todos os nosos amigos.

No segundo iremos poñendo fotos dos preparativos da voda, e do que vaiamos facendo durante estes días que faltan.

Despois da voda, crearemos outro albume para subir as fotos do evento e poder acceder a elas desde aquí.

Eso si, non sexades malas persoas e subide fotos nas que saiamos ben :D

Moitas grazas.

miércoles, 10 de octubre de 2007

Unha voda clásica

Se ao final, por moito que te empeñas,... E mira que xa nos avisaron, pero bueno...

O caso é que o sábado vai ser unha voda clásica. Coas súas fotos, o seu banquete e a súa barra libre. Supoño que non quedaba outra... non ías desplazar ata o medio do monte a tanta xente para tomar uns pinchos...

Bueno, que só nos queda o venres para facer que esta voda sexa orixinal! Necesitamos a vosa colaboración! O primeiro, tedes que vir. O segundo tedes que pasalo moi ben.

domingo, 7 de octubre de 2007

Reparto de Invitacións

Fin de semana intenso.
Andivemos a repartir invitacións por Ponteareas e por Antas.
A verdade é que da gusto, porque parece que todos os invitados estádes ilusionados coa voda.
O peor, que Cris anda acatarrada!
O mellor, que adiantamos bastante traballo e xa están case todas repartidas. Uns recibístelas por correo electrónico, outros recibirédelas por correo normal, e con outros aínda temos que quedar, pero será pronto, non desesperedes :-)

jueves, 4 de octubre de 2007

Xa están os papeis expostos

Onte gracias á colaboración de Marga (nai do noivo) e de Delio fillo (testemuña número 2 e irmán pequeno da noiva) confirmamos que a solicitude de matrimonio xa está exposta nos nosos concellos, Ponteareas e Antas de Ulla.

Homes e mulleres do mundo, se coñecedes algún impedimento para que casemos tedes 15 días para falar ou calar para sempre! Non esperedes ao día da voda coma nas películas que alí non vos van dar a opción!

Na semana do 22 de Outubro os papeis voltarán ao Xulgado de Chantada, e de ahí ao ministerio fiscal. Xa vos informaremos!

P.D: Moitas grazas a Ramón, o secretario penal do xulgado de Chantada, que está a sustituir á secretaria civil, pola súa eficacia.

P.D2: O das alegacións, que sepades que non é obligatorio presentalas. Poden pasar os 15 días e todos caladiños, e non pasa nada...

Presentar algunha alegación en plan coña non é gracioso.

martes, 2 de octubre de 2007

A Suite do Canivete

Está claro que existe a posibilidade de que alguén ligue durante a fin de semana ...
Está claro tamén, que alí no parador, perdidos no medio do monte, non hai moito a onde ir... que é novembro é fai frío... e a media de idade dos invitados supera a treintena...

Así as cousas, dende a organización, querendo atender a todalas necesidades dos nosos convidados, pensamos na conveniencia ou non de reservar a Suite do Canivete.

Por un lado, está o tema de que os compañeiros e compañeiras de cuarto dos afortunados que a usen, non teñen por que verse perxudicados. Despois de pagar unha pasta pola habitación, non poder usala e ter que durmir no pasillo! Esta claro que por un amigo faise o que sexa, pero...

Por outro lado está o tema da financiación desta Suite. A quen lle corresponde pagala? Aos noivos? Aos que teñen opcións de usala? A todos os invitados como Acto de Solidaridade,..., porque a fin de contas... quen non votou de menos unha suite do canivete? E se algún dos que a priori non tiña opcións tolea? E se ao final non se usa?

Podese entender esto como unha especie de "seguro de cancelación de reserva"...

O que xa desde este momento queda descartado, e pretender usar a Suite Nupcial para este fin. A pesar de que a noiva, nun acto de extrema xenerosidade, dixo: "bueno... se fai falta..." O noivo respostou cun rotundo: "Y una mierda! A Suite Nupcial non se toca!" Advertidos estades, so pena de expulsión!

lunes, 1 de octubre de 2007

Xa están listas as invitacións!




Levamos toda a tarde, a testemuña número 1 e nós recortando, pegando, deseñando e imprimindo, pero xa as temos!
O resultado cremos que non é malo. Falta rematar os sobres, traballo do que se encargará Paula e Margarita ao longo desta semana e na próxima fin de semana ... A repartir!!!
Isto Marcha.










Casualidades

Será casualidade ou coincidencia, pero o luns entregamos os papeis en Antas, e no pleno deste pasado xoves, a muller do alcalde presentou a súa demisión irrevogable!

Si é que ...