viernes, 14 de noviembre de 2008

Xa pasou un ano!

Pois iso. Que o tempo pasa, e mañá fai un ano estabamos todos facendo as maletas para ir pasar unha fin de semana a Santo Estevo.

A valoración deste ano, obviamente é moi boa. 

No personal, a peor parte levouna Cris, que aparte de aguantarme tócalle viaxar tódolos días á Coruña. Eu, pola contra, convertínme nun completo amo de casa perfeccionando as miñas dotes culinarias, especializándome en arroces e ensaladas, ademáis das miñas de sobra coñecidas tostadas.

No profesional foi onde máis cambios houbo, incluído un verán de infarto con moito, moito chollo e moita moita política :D

Esta tarde Cris e máis eu prepararemos a maleta e voltaremos ao Parador a pasar a fin de semana para recordar a festa do ano pasado. Lembrarémonos de todos vos e cun pouco de sorte igual nos toca a habitación do Licor Café. Nunca se sabe!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois creo q non vos tocou a hab do licor café, non?????? pena!!!
A ver se se lle volve dar vidilla a este blog con motivo do aniversario... eu creo q deberíades de invitar a outra festiña...aínda q sexa pequeniña!!! e a unha ruta!!jajaja. Bicos. Pau.

Juan C. Glez. Fragueiro =^·.·^= bad__cat dijo...

vaia! qué sorpresa que ainda nos atopamos algúns nostálxicos neste blog logo de 1 e dous anos :D

Noraboa, noivos! Isto asemella que marcou historia (refírome ó voso casamento)

A ver se aireades algunha discusión ou algo para que poidamos facer de comentaristas rosas deses que están tan de moda polo tema "gran hermano" e todo iso.

sau2 a tod@s ;-)

podo saudar?
aproveito para saudar (digo posicionar) a miña web nos buscadores facéndolle mención.
http://eformas.com

jajjaja :)

Juan C. Glez. Fragueiro =^·.·^= bad__cat dijo...

hai alguén por ahí? :P