A valoración deste ano, obviamente é moi boa.
No personal, a peor parte levouna Cris, que aparte de aguantarme tócalle viaxar tódolos días á Coruña. Eu, pola contra, convertínme nun completo amo de casa perfeccionando as miñas dotes culinarias, especializándome en arroces e ensaladas, ademáis das miñas de sobra coñecidas tostadas.
No profesional foi onde máis cambios houbo, incluído un verán de infarto con moito, moito chollo e moita moita política :D
Esta tarde Cris e máis eu prepararemos a maleta e voltaremos ao Parador a pasar a fin de semana para recordar a festa do ano pasado. Lembrarémonos de todos vos e cun pouco de sorte igual nos toca a habitación do Licor Café. Nunca se sabe!