martes, 25 de septiembre de 2007

Non Hai Volta Atrás

Xa non hai volta atrás!
Onte entregamos os papeis. Agora so queda esperar e que cheguen a tempo.
A verdade e que onte foi un día un tanto estresante. É o que ten ser "amigo" do alcalde de Antas. Sobre todo da muller do alcalde, secretaria do Rexitro Civil.
Discrepamos un pouco sobre os papeis necesarios para iniciar o expediente. Nos concellos de Nogueira de Ramuín, no de Ponteareas, nos Rexistros Civís de Ourense e de Lugo e na páxina do ministerio de Xustiza poñían o mesmo, pero arredios que facía falta unha fe de vida ... "Eu non sei onde vos informastes, pero eu dígovos cómo é" dixo toda digna!
Finalmente, devolveunos os papeis e díxonos que foramos a Chantada!
En Chantada outra historia, atendéronnos ben (salvo uns pequenos paseos polo edificio) pero mi madriña, que exame tivemos que pasar! Donde vos coñecestes, cantos irmáns tedes, como se chaman, como se chaman as parellas, os pais, onde vivides, que facedes, que aficións tedes ... Todo esto por separado, para ver se nos pillaban!
Non lle faltou moito, pero creo que finalmente aprobamos o exame!
Nun mes estarán os papeis listos!