viernes, 14 de noviembre de 2008

Xa pasou un ano!

Pois iso. Que o tempo pasa, e mañá fai un ano estabamos todos facendo as maletas para ir pasar unha fin de semana a Santo Estevo.

A valoración deste ano, obviamente é moi boa. 

No personal, a peor parte levouna Cris, que aparte de aguantarme tócalle viaxar tódolos días á Coruña. Eu, pola contra, convertínme nun completo amo de casa perfeccionando as miñas dotes culinarias, especializándome en arroces e ensaladas, ademáis das miñas de sobra coñecidas tostadas.

No profesional foi onde máis cambios houbo, incluído un verán de infarto con moito, moito chollo e moita moita política :D

Esta tarde Cris e máis eu prepararemos a maleta e voltaremos ao Parador a pasar a fin de semana para recordar a festa do ano pasado. Lembrarémonos de todos vos e cun pouco de sorte igual nos toca a habitación do Licor Café. Nunca se sabe!

jueves, 20 de diciembre de 2007

Primeiro Nadal

Parece que xa está aquí.
A pesar de que o corte inglés e outros o veñen anunciando dende hai tempo agora si que parece que chegou.
Despois dun mes de casados, que entre viaxe, mudanza, e traballo (que ambolos dous levamos unha temporadiña guapa) imos vivir o noso primeiro nadal de casados!
E claro, as dúbidas que ten todo o mundo. En qué casa o pasas? Xuntos ou por separado?
En fin, ..., xa amañaremos!

Que pasedes unhas boas festas todos, que disfrutedes das vacacións os que as teñades, que seguro que as merecedes, e os que non as teñades, lembrade que nós estaremos traballando e que nos podedes enviar mails!

Bicos e apertas a esgalla!

P.D1: Lembrade, o 27 partido da selección galega en Vigo!

P.D2: E o 28 arroz no Faladoiro a partir das 15.30! Aínda estades a tempo de apuntarvos!

P.D3: E os que aínda non subistes fotos, aproveitade estes días!

lunes, 10 de diciembre de 2007

A importancia dos títulos

Facede unha pequena proba.
Entrade en http://picasaweb.google.es e na marxe superior esquerda, hai unha caixa de texto que pon, "Prueba la búsqueda de fotos"
Poñede nesa caixa "Coremain" e pulsade buscar, a ver que foto vos sae!

Bingo, unha foto de Josefina e máis eu!

Pois eso foi o que fixo Manolo López, xerente da Software Factory, que despois de ver todas as fotos do album, incluídas as dos lingüetazos, lle pasou a dirección a Ana Táboas, Directora de Solucións, que ven sendo xusto a que está por debaixo do Director xeral!

En fin, os noivos non perdemos a compostura en ningun momento, pero se algún de vos quere enviar o cv a coremain, que non adxunte foto, que xa as collen do blog!

domingo, 2 de diciembre de 2007

Para a tuna de filosofía

Unha vez solventado o tema da factura, so comunicarlles aos tunantes do licor café que lles saliu un bolo. (Non unha peza de pan de kilo, senon unha nova actuación)
Están formalmente convidados a actuar (e a recuperar as capas) no cumpreanos da testemuña número un, dona Paula Díaz Mariño, o vindeiro día 22 de Decembro en Lugo.
Garantízase alcohol e comida. Sobre outros vicios, xa cada un que se espabile!

jueves, 29 de noviembre de 2007

Domicilio conxugal

Xa estamos de volta, e ainda seguimos casados!!
Despois dunhas vacacións por terras mexicanas con moita praia e piscina, moita piña colada e coco banana, kayac, snorkel e submarinismo ademais de comida a fartar por fin demos chegado á nosa casiña.
O luns 26, ás 10 da noite de México (5 da mañá aquí) decatámonos que reservaramos mal os voos de Madrid a Santiago.
Saliamos de Cancún o día 27, as 20.00horas (3 da mañá do día 28 en España) e tiñamos os billetes para o día 27 ás 21.00horas de España!
Como estabamos cansos, e tampouco se había que agobiar, marchamos durmir (o jet lag é unha putada, e ás 7 da mañá estás desperto, e as 10 da noite non podes contigo) así que o martes 27 ás 10 da mañá (5 da tarde para vos) fomos conectarnos a internet, para comprobar que efectivamente non iamos dar chegado para o voo Madrid - Santiago.
Unha hora despois, marchamos á piscina, pedimos unha piña colada, e mentras a tomabamos, enviamos un sms ás nosas casas, sen saber que levaban desde as 12 da mañá chamando a todos lados porque pensaban que xa estabamos secuestrados no aeroporto!
Onte chegamos a Madrid moi cansados, esperamos moitísimo polas maletas, e marchamos a casa do Tío Ovidio e da Tía Sari, desde donde resrevamos un voo para este mediodía.

Cómo podedes ver na foto, tamén fixemos algo de turismo cultural!

viernes, 23 de noviembre de 2007

Lúa de Mel

Estamos aquí na Hacienda Dona Isabel do Gran Bahía Principe Riviera Maya.
Só é por darvos envexa!

A verdade é que cobran o minuto de internet a prezo douro e non trouxemos moitos cartos, co que xa nos explayaremos noutro momento.

P.D: Grazas polas fotos! Seguide subindo!

domingo, 18 de noviembre de 2007

Marido e Muller

Xa está o traballo feito.

Moitas grazas a todos os que nos acompañestes, e un recordo moi especial aos que non puidestes vir porque vos votamos de menos e sabemos que vos a nos tamén!
Esperemos que disfrutarades da voda e que realmente vos quede un gran recordo desta fin de semana.

A nós mañá quédanos un día duro, facer as maletas para marchar de vacacións. Podemos facer apostas, pero seguro que xa se produce a primeira riña matrimonial do tipo... Onde puxeche esto, cómo non colleche aqueloutro... pero bueno, confiamos en superalas. Só a idea de imaxinarnos nas praias da Riviera Maya tumbados ao sol cun cubata na man axuda :D

O dito, moitas grazas novamente, e agora, todo quisque a subir fotos. Se algún non recorda o contrasinal, ou necesita algunha explicación sobre cómo subilas, que se poña en contacto con Álvaro: alvar_hito@hotmail.com que está feito todo un experto no Picassa :D